Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

BOTADURA DA JALERNA....NAS LETRAS GALEGAS DO 1997(video)

Imagen
  Archivo histórico da botadura da  JALERNA  alá polo año 1997 de nuestro señor. O buque insignia das "xeiteiras" da  ReI COFRADÍA DA DORNA  pasou a formar parte do patrimonio da asociación cultural e da escola de vela, xunto as demaís que actualmente conforman o parque tradicional da escola de vela:  VIRXE DO CARMEN, JALERNA e NAI.  No video podemos comprobar a cantidade de xente que antes se xuntaba o carón das embarcacións da asociación, pero por desgraza a maioría quedouse polo camiño. Moitos continuamos, hoxe en día, co traballo da escola de vela e ó coidado e mantemento do patrimonio cultural da asociación, o único patrimonio cultural que ten e que por estatutos debe preservar e promocionar. Tódalas dornas foron en representación da asociación desde os primeiros encontros de embarcacións tradicionais celebrado en Ribeira e ata o día de hoxe, incluso na lonxanía da bretaña navegamos nos encontros a nivel continental, representando á nosa asociació...

UN POUCO DE TEORÍA DAS DORNAS..

Imagen
  Un pequeno achegamento á embarcación DORNA Sobre a orixe da dorna non imos debater aquí. Moitas son as teses sobre este tema: desde as orixes nórdicas duns ata a influencia das embarcacións  mediterráneas, pasando polas similitudes con embarcacións da chamada área cultural celta. Pero... por que non podemos pensar que á dorna é unha embarcación orixinariamente galega, o que non exclúe a importancia das influencias e achegas recibidas polo contacto con outras culturas, como defende o noso primeiro presidente Santiago Páramo no seu estudio sobre as dornas? ... Por que os nomes dos costados son específicos das dornas:  arca ou meo  para babor e  couso  para estribor, que ben puideron ser tomados de puntos xeográficos da boca da ría como a punta da Arca ou Couso en Aguiño? ... Non será quizais que nunha área determinada, o remate da península do Barbanza na ribeira norte da ría de Arousa, nunha época imprecisa desenvolveuse un tipo de embarcación propia que a...