Entradas

PRIMEIROS ENCONTROS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS--- RIVEIRA 1993

Imagen
  O vindeiro fin de semana celébranse os XII encontros de embarcacións tradicionais en Cabo de Cruz-Boiro. Os primeiros encontros fixéronse no ano 93 na nosa aldea de Riveira, donde se coceu todo o que hoxe en día veñen sendo os encontros de embarcacións tradicionais de Galicia, que se celebran cada dous anos nun punto distintivo da xeografía do noso país. Disfrutade do material audiovisual, dun pequeno resumo do que foron os pionerios encontros celebrados en mares riveirenses.

BOTADURA DA JALERNA....NAS LETRAS GALEGAS DO 1997(video)

Imagen
  Archivo histórico da botadura da  JALERNA  alá polo año 1997 de nuestro señor. O buque insignia das "xeiteiras" da  ReI COFRADÍA DA DORNA  pasou a formar parte do patrimonio da asociación cultural e da escola de vela, xunto as demaís que actualmente conforman o parque tradicional da escola de vela:  VIRXE DO CARMEN, JALERNA e NAI.  No video podemos comprobar a cantidade de xente que antes se xuntaba o carón das embarcacións da asociación, pero por desgraza a maioría quedouse polo camiño. Moitos continuamos, hoxe en día, co traballo da escola de vela e ó coidado e mantemento do patrimonio cultural da asociación, o único patrimonio cultural que ten e que por estatutos debe preservar e promocionar. Tódalas dornas foron en representación da asociación desde os primeiros encontros de embarcacións tradicionais celebrado en Ribeira e ata o día de hoxe, incluso na lonxanía da bretaña navegamos nos encontros a nivel continental, representando á nosa asociació...

UN POUCO DE TEORÍA DAS DORNAS..

Imagen
  Un pequeno achegamento á embarcación DORNA Sobre a orixe da dorna non imos debater aquí. Moitas son as teses sobre este tema: desde as orixes nórdicas duns ata a influencia das embarcacións  mediterráneas, pasando polas similitudes con embarcacións da chamada área cultural celta. Pero... por que non podemos pensar que á dorna é unha embarcación orixinariamente galega, o que non exclúe a importancia das influencias e achegas recibidas polo contacto con outras culturas, como defende o noso primeiro presidente Santiago Páramo no seu estudio sobre as dornas? ... Por que os nomes dos costados son específicos das dornas:  arca ou meo  para babor e  couso  para estribor, que ben puideron ser tomados de puntos xeográficos da boca da ría como a punta da Arca ou Couso en Aguiño? ... Non será quizais que nunha área determinada, o remate da península do Barbanza na ribeira norte da ría de Arousa, nunha época imprecisa desenvolveuse un tipo de embarcación propia que a...

AS CRÓNICAS DA COFRADÍA DA DORNA

Imagen
 

HISTORIA DA ESCOLA DE VELA

Imagen
  A ESCOLA DE VELA da Real e Ilustre COFRADÍA DA DORNA Para explicar a creación da Escola de Vela da Real e Ilustre Cofradía da Dorna hai que remitirnos á constitución en Ribeira da Asociación Cultural “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” un 28 de decembro de 1990 e a creación dos seus estatutos fundacionais que textualmente dicen: Art. 2 :    O fin principal desta asociación será a organización e celebración da FESTA DA DORNA (24 de xullo), así como a organización de todo tipo de actos culturais, medioambientais e formativos relacionados co mar, as actividades mariñeiras e a exaltación, recuperación e promoción da embarcación típica da ría de Arousa chamada DORNA . Tendo este obxectivo primordial como punto de partida, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna traballou a reo desde os seus inicios na procura do mesmo. Na súa labor de recuperación a R. e I. Cofradía da Dorna iniciou un proceso de documentación e busca de financiamento que converxeu no proxecto de recuperación da d...

CUADERNO DE BITÁCORA...RUMBO A ONS(orixinal)

Imagen