UN POUCO DE TEORÍA DAS DORNAS..
Un pequeno achegamento á embarcación DORNA Sobre a orixe da dorna non imos debater aquí. Moitas son as teses sobre este tema: desde as orixes nórdicas duns ata a influencia das embarcacións mediterráneas, pasando polas similitudes con embarcacións da chamada área cultural celta. Pero... por que non podemos pensar que á dorna é unha embarcación orixinariamente galega, o que non exclúe a importancia das influencias e achegas recibidas polo contacto con outras culturas, como defende o noso primeiro presidente Santiago Páramo no seu estudio sobre as dornas? ... Por que os nomes dos costados son específicos das dornas: arca ou meo para babor e couso para estribor, que ben puideron ser tomados de puntos xeográficos da boca da ría como a punta da Arca ou Couso en Aguiño? ... Non será quizais que nunha área determinada, o remate da península do Barbanza na ribeira norte da ría de Arousa, nunha época imprecisa desenvolveuse un tipo de embarcación propia que a...
Comentarios
Publicar un comentario