Un pequeno achegamento á embarcación DORNA Sobre a orixe da dorna non imos debater aquí. Moitas son as teses sobre este tema: desde as orixes nórdicas duns ata a influencia das embarcacións mediterráneas, pasando polas similitudes con embarcacións da chamada área cultural celta. Pero... por que non podemos pensar que á dorna é unha embarcación orixinariamente galega, o que non exclúe a importancia das influencias e achegas recibidas polo contacto con outras culturas, como defende o noso primeiro presidente Santiago Páramo no seu estudio sobre as dornas? ... Por que os nomes dos costados son específicos das dornas: arca ou meo para babor e couso para estribor, que ben puideron ser tomados de puntos xeográficos da boca da ría como a punta da Arca ou Couso en Aguiño? ... Non será quizais que nunha área determinada, o remate da península do Barbanza na ribeira norte da ría de Arousa, nunha época imprecisa desenvolveuse un tipo de embarcación propia que a...
A ESCOLA DE VELA da Real e Ilustre COFRADÍA DA DORNA Para explicar a creación da Escola de Vela da Real e Ilustre Cofradía da Dorna hai que remitirnos á constitución en Ribeira da Asociación Cultural “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” un 28 de decembro de 1990 e a creación dos seus estatutos fundacionais que textualmente dicen: Art. 2 : O fin principal desta asociación será a organización e celebración da FESTA DA DORNA (24 de xullo), así como a organización de todo tipo de actos culturais, medioambientais e formativos relacionados co mar, as actividades mariñeiras e a exaltación, recuperación e promoción da embarcación típica da ría de Arousa chamada DORNA . Tendo este obxectivo primordial como punto de partida, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna traballou a reo desde os seus inicios na procura do mesmo. Na súa labor de recuperación a R. e I. Cofradía da Dorna iniciou un proceso de documentación e busca de financiamento que converxeu no proxecto de recuperación da d...
Comentarios
Publicar un comentario